Sachovin.

Sachovin.

lunes, 27 de octubre de 2014

     Comezamos a recolecta cos biscoitos.


José Manuel, Ángel, Andrea e Nensy descubren o lema da camiseta.
 

      Galletas craqueladas.

Ingredientes:

  • 250g de chocolate negro. 
  • 55g de manteiga. 
  • 100g de azucre. 
  • 2 ovos medianos. 
  • 210g de fariña. 
  • Media cucharada de café de levadura Royal. 
  • Unha pizca de sal. 
  • Unha cullerada de café de vainilla en po. 
  • Azucre glass. 
Elaboración: 

  • Fundir o chocolate e añadir a manteiga. 
  • Batir o azucre e os ovos ata que doblen o volume e adquiran un ton pálido. 
  • Añadir a vainilla e mezclar co chocolate e a manteiga. 
  • Tamizar a fariña coa levadura e a sal e añadir a mezcla anterior sen traballala demasiado, só ata que estén unidas. 
  • Poñer na neveira durante unha hora. 
  • Formar pequenas bólas e pasar por azucre glass ata que estén ben cubertas. 
  • Poñelas na placa do forno, un pouco separadas. 
  • Prequecer no forno a 170º e fornear durante 10 minutos ata que craquelen. Deben quedar crocantes por fóra e blandiñas por dentro. 
  • Arrefriar sobre unha reixa. 

      Biscoito de Coco.


Conversación abierta. 1 mensaje sin leer.
Ingredientes (masa de hoxaldre):
  • Fariña. (A que sexa necesaria) 
  • 4 culleradas de azucre. 
  • 2 culleradas de manteiga. 
  • 1 ovo. 
  • 1 copa de anís. 
Ingredientes (biscoito):
  • 5 ovos. 
  • 2 tazas de azucre.
  • 2 tazas de coco. 
  • Ralladura de limón.
  • 1 taza de patacas.
  • Cereixas confitadas. 
Elaboración (masa de hoxaldre):
  1. Colocas a fariña en forma de volcán e bótaselle o azucre, un ovo, a manteiga e o anís. Logo, amasas ata ter unha masa homoxénea.
Elaboración (biscoito):
  1. Póñense as claras a punto de neve e bótaselle unha cullerada de azucre por cada ovo. Logo fas unha mezcla co resto do azucre, o coco, as patacas (feitas puré) e a ralladura de limón coas cinco xemas ben batidas. 
  2. Mezclamos todo coas claras a punto de neve. 
  3. Esténdese a masa de hoxaldre. Despois estendemos todo no molde sobre a masa de hoxaldre. 
  4. Por enriba adornamos co que sobre do hoxaldre e máis coas cereixas confitadas. 

lunes, 13 de octubre de 2014

      Biscoito da avoa.

Ingredientes:


  • 3 ovos. 
  • Fariña. 
  • Azucre. 
  • Nata ou manteiga. 
  • Unha cullerada de Royal. 
  • Unha copiña de coñac. 


Elaboración: 

  • Pesar os ovos con casca. O mesmo peso dos ovos, en fariña, azucre e manteiga. 
  • Bátese a manteiga ou nata co azucre. 
  • Añádense os ovos e bátense. 
  • Añádese a fariña e o Royal mezclados e a copa de coñac. 
  • Mestúrase todo. 
  • Añádese a froita que un queira, no noso caso foi unha mazá picada e noces. 
  • Colócase no molde e fornéase a 180º. Sábese que está feito cando se pincha cunha agulla de cociña e non saen restos do biscoito; o tempo depende do forno. 
  • Unha vez cocido, espérase un tempo para que enfríe, desmóldase e espolvoréase con azucre glass. 

viernes, 3 de octubre de 2014

------>Presentación<------

Ola, somos alumnos de 4ºESO do CPI de Castroverde e neste blog imos a contar as nosas formas de recaudar cuartos a sacho para a excursión de fin de curso e aquelas experiencias durante o curso que queremos compartir con vós.