Sachovin.

Sachovin.

domingo, 23 de noviembre de 2014

      Brazo de xitano.

Ingredientes (crema pasteleira) :

  • 1 litro de leite. 
  • 50 grs. de Maicena. 
  • 25 grs. de fariña. 
  • 200 grs. de azucre. 
  • Unha corteza de limón. 
  • 4 xemas de ovo.

Preparación (crema pasteleira) :
  1. Poñemos unha pota ao lume con leite, a corteza do limón e o azucre. 
  2. A parte, mesturamos as 4 xemas coa fariña, a maicena e un pouco de leite. 
  3. Cando ferva o leite na pota, incorpórase a mestura anteriormente citada, lentamente e sen deixar de remover. 
  4. Déixase cocer un par de minutos. 

Ingredientes (brazo de xitano) : 
  • 7 ovos (sacar 3 xemas). 
  • 7 culleradas de azucre (rasas).
  • 7 culleradas de fariña (completas). 
  • 1 sobre de Royal. 

Preparación (brazo de xitano) : 
  1. Súbense as claras a punto de neve. 
  2. Bótaselle o azucre e bátese ata que o azucre está ben derretido. 
  3. Añádense as xemas e logo, á fariña que se añadiu previamente, o sobre de Royal. 
  4. Mestúrase todo ben. 
  5. Métese ao forno. 
  6. A capa resultante, bótaselle por enriba a crema pasteleira, enrólase todo nun trapo, e déixase reposar. 
  7. Por último, emplátase. 

      Roscón de iogurt.

Ingredientes:

  • 2 iogurts. 
  • 4 vasos de azucre. 
  • 6 vasos de fariña. 
  • 2 vasos de aceite. 
  • 6 ovos. 
  • 1 sobre de levadura. 
  • Reladura dunha laranxa. 
  • Reladura dun limón.

Preparación:
  1. Mestúranse e bátense todos os ingredientes xuntos e métese no forno. 
  2. Si se quere, pódenselle engadir noces ou anacos de chocolate. Ao saír do forno, bañalo con chocolate a adornalo con anises de cores.