Sachovin.

Sachovin.

lunes, 15 de diciembre de 2014

      Biscoito de chocolate.

Ingredientes (6 persoas) :

  • Unha ducia de ovos. 
  • Doce culleradas de azucre.
  • Catorce culleradas de fariña. 
  • Un sobre de Royal. 
  • A metade dunha tableta de chocolate. 
  • Manteiga. 

Preparación: 
  1. Encéndese o forno e ponse a 150ºC. 
  2. Nun bol, sepáranse as xemas das claras e móntanse as claras. 
  3. Cando estén ben montadas, mestúranse coas xemas. 
  4. Bótanselle as doce culleradas de azucre mentres mesturamos todo. 
  5. Cun colador, colamos a fariña co sobre de Royal para quitarlle os grumos. 
  6. Mesturámolo cos ovos e co azucre. 
  7. Cando todo esté raiado, botamos o chocolate no bol. 
  8. Coa manteiga, untamos o bol e botamos a mestura que fixemos antes. 
  9. Metémolo no forno e esperamos que suba. Cando esté subido, miramos cunha agulla para doces se está ben feito e baixamos o forno a 100ºC.
  10. Deixamos que se dore un pouco. 
  11. Sacámolo do forno, e de aí a uns minutos desmoldámolo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario